A Comunidade de Usuarios de Tortoreos-Liñares cumpre 35 anos. Nos anos setenta un grupo de homes e mulleres uniron forzas para levar as súas casas auga potable dende os manaciais que alguns deles doaron ás duas parroquias. Hoxe a Comunidade é un exemplo de rexeneración e aproveitamento sostible dos recursos.
O mércores, na que fora Escola Nacional situada no lugar de Chan, celebrouse o primeiro encontro informativo desta traída facéndose un percorrido póla historia da Comunidade:(1975 Nacemento (100 usuarios) 1994 Legalización (240 usuarios) • 2006 Renovación (420 usuarios).
Neste primeiro encontro interviron os presidentes das Comunidades de Montes en Man Común de Tortoreos e Liñares, D. Fernando Pereira Alonso e D. Angel Soto Avalle para explicar a participación destas Comunidades na renovación da Traída.
Luciano Covelo (Riegos Covelo S.L.) describíu a importante Obra Civil que se está a realizar: limpeza manaciais, recuperación da Mina dos Coellos, renovación tubaxes xerais.
Neste encontro insistíuse na modernización non só das instalacións senon das mentalidades dos usuários: Responsabilidade no gasto; novos elementos no cálculo das tarifas…
“Son os propios comuneiros os que facendo un gran esforzo xestionan a traída mais deixando atrás os métodos tradicionais e sumerxéndoa no século XXI, trocando conceptos e mentes: a auga é un ben preciado e nosa a sorte de traballala”.

http://blogs.apeneira.com/condado/2009/08/a-comunidade-de-usuarios-de-tortoreos-linares-as-neves-cumpre-35-anos/