domingo, 9 de abril de 2017

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA COXAPO: Denegación concesión caudal



ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA COXAPO

Compartimos a convocatoria desta Asemblea Xeral Extraordinaria pola importancia do seu contido.
Pregamoste que compartas esta información coas Comunidades de Usuarios que coñezas ou coas Asociacións da tua parroquia.
É importante que todos saibamos de primeira man o que está a acontecer para que cada quen  poida ter a sua opinión.

Xuntos pola auga
Cada vez máis a auga estase a converter no ouro azul. Todos os que traballaron duro por sacar adiante a sua comunidade, por levar auga a cada casa da sua parroquia debe saber o que está a acontecer.

Ven, informate:

Data: 29 abril
Hora: 16:00 (1ª Convocatoria)
Asunto: Non renovación da concesión de caudal as CU de Tui pola CHMS
Lugar: Auditorio Goián- Tomiño-Pontevedra



A Confederación Hidrográfica Miño Sil ven de rexeitar a renovación de caudal a traídas de Tui.
Non se da unha solución aos veciños. Sinxelamente executase a ELIMINACIÓN das SUAS COMUNIDADES.
Coxapo convida a todos os directivos de comunidades de augas o sábado 29 de abril ás catro da tarde no auditorio de Goián en Tomiño .
Moitas traídas descoñecen esta información. Moitos usuarios descoñecen o que está a ocorrer.
Precisamos que esta información chegue a todas as persoas afectadas. Axúdanos a compartir.

Se coñeces a un directivo dunha traída, a un directivo dunha asociación, aos directivos da túa comunidade de Montes, …failles chegar a nosa invitación. Vinde o día 29 de abril a Goián para recoller toda a información.
Queremos auga de calidade non un negocio co ouro azul.
E por suposto GRAZAS, GRAZAS POR  AXUDARNOS A SALVAR AS NOSAS TRAIDAS DE AUGA.

Por favor comparte esta información !!!! 

Como chegar ao Auditorio de Goian

******************** *****************  















No hay comentarios: