domingo, 29 de enero de 2017

Asemblea COXAPO 28/01/2017

Mesa preparada

Onte as traidas reunironse en Asemblea Xeral no Auditorio de Goian- Tomiño.
Cada ano a asociación trata de mellorar o seu funcionamento. Este ano mellorouse o aceso a asemblea das COmunidades.
Cada representante recibia a sua identificacion así como as carulinas que dan dereito a voto en función do número de usuarios de cada traída.





Repasando instrucións de rexistro asistentes


Os representantes de cada zona foron os encargados de coordinar esta entrada con todo o material que prepararon as técnicas de COXAPO: Caridad, Lucia e Tamara. Excelente o traballo realizado polo persoal da oficiña que estan a der unha adicación impresionante, desas que non se poden pagar con cartos.



 

 A orde do dia ( BOPPO)

1. Lectura acta anterior
2. Informe del Presidente
3. Elecciones COXAPO
4. Aprobación de cuentas
5. Plan estratégico y futuras modificaciones de COXAPO
6. Presupuestos
7. Actualización de precios
8. Ruegos y preguntas


Imaxe cedida por COXAPO-Mesas entrada


Un ano mais concluiuse a necesidade de camiñar xuntos, a unión fai a forza. 
Analizáronse tódalas actividades levadas a cabo pola Asociación, as auditorias realizadas a cada comunidade para establecer os puntos de mellora nas suas instalacións, a consecución de un auga de calidade e un cumprimento estrito da lexislación vixente.



Hai traidas que alcanzaron a velocidade de cruceiro e outras que veñen de comenzar a sua viaxe pero o realmente importante é que todas, todas as comunidades, entendan da importancia de levar as suas instalacións, a sua xestión, ao século XXI.
É un esforzo grande, moi grande pero unidos moitísimo máis fácil. Xuntos se comparten ideas, solucións, proveedores, técnicos, procedementos,...


Imaxe cedida por COXAPO
O novo presidente D Jose María Albán Laguardia amosou a sua excelente disposición para levar o timón da asociación coa axuda da Xunta Executiva e representantes de zona e por suposto coa mais importante a de tódolos asociados, a de tódolos comuneiros.
Seguindo con repaso de actividades analizouse as melloras no software da asociación: COXAPOGEST  e COXAPOSOFT , a xestión das analíticas, subvencións, publicacions en BOPPO, presencia na mesa nacional da auga, consello reitor de augas de Galicia....unha longa listaxe de tareas que permiten a mellor xestión das comunidades.


Lembrouse o intercambio levado a cabo con Concello de Abegondo, e os pequenos abastecemento de Irlanda e Escocia no marco do Plan LIfe Rural Supplies do que xa falamos neste blog en varias ocasións
Analizáronse as contas da asociación que se puxeron a disposición dos asistentes a entrada da Asemblea e se analizaron durante a mesma. A maiores están a disposición dos usuarios na oficiña de COXAPO.


Afrontouse o futuro aprobando o novo orzamento para o ano 2017.
Por outra banda analizaronse as novas accions a seguir e todas aquelas actividades que  interesan as comunidades.
Remarcouse a importancia da participación de todos, o fundamental que resulta ter unhas boas vías de comunicación para que a información chegue ao maior número de traídas.


Coma sempre recordarvos que dende a Comunidade de Tortoreos-Liñares estamos a vosa disposición para calquera dúbida que teñades ou para facilitarvos o contacto coa Asociacion: comunidadaguas@gmail.com

A zona de As Neves segue a contar con representante de zona e podedes poñervos en contacto a traves do correo: afurrestarazu@gmail.com.com ou do whtasapp 622209205.

Por outra banda o Concello de As Neves, amosou a sua disposición a participar na organización dunha charla no Concello na que esperamos poder contar coa participación  da Técnico de Saude Ambiental de COXAPO Dona Caridad de Santiago. Daremosvos boa conta deste acto e invitamosvos a que non deixedes escapar a posibilidade de participar.
 

No hay comentarios: