Todos sabemos que a nosa traida precisa de importantes arranxos. Un de eles é a mellora dos depósitos. En concreto o primeiro paso é o forrado do depósito Principal é unha correcta fltración da auga antes de entrar ao depósito.
No mes de xullo a Xunta de Galicia convocou unha subvención (PR487A). A subvención cubre o 100% da obra de forrado do Depósito Principal. A Comunidade ten a subvención aprobada por un importe de 12.901,01€.
A condición é que a obra ten que estar FEITA E PAGADA antes do 31/10/2016.
Por este motivo precisamos ter LIQUIDEZ suficiente para afrontala. Depois a Xunta, unha vez que comproba que a obra esta feita é pagada, ingresa os cartos na conta da Comunidade.
Por ese motivo e porque NON PODEMOS PERDER ESTA SUBVENCIÓN, pregamos a tódolos comuneiros que paguen canto antes os recibos que foron xirados (consumo 2º semestre 2015)
Esta obra hai que facela. Como todos sabemos, é imprescindible mellorar as condicións de salubridade do Depósito .
Non podemos permitirnos o luxo de perder uns cartos que doutro xeito teríamos que pagar entre todos mediante derrama.
Deixamosvos o enlace a subvención conseguida:
Moitas grazas!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario